Rojava, o confederalismo democrático. Rojava é unha zona situada no Oriente Medio (Norte de Siria) que proclamou a súa autonomía no conflito de Rojava e a Guerra Civil Siria, aprobando a súa Constitución en 2014. Unha revolución baseada no paradigma político do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), o “Confederalismo Democrático”. Rojava alberga principalmente a kurdxs, pero tamén poboacións significativas de árabes, asirixs e turkmenxs, así como poboacións minoritarias de armenixs, circasianxs e chechenxs. Unha zona poliétnica e plurinacional, algo reflectido na súa Constitución, na súa estrutura social e no Consello Democrático. Rojava expón unha sociedade sen estado, xestionado a través da democracia directa, e que ten como alicerces o feminismo, o ecoloxismo, o respecto de todas as culturas e relixións e a vida comunal.
«O Confederalismo Democrático fundaméntase nunha participación de base. O seu proceso de toma de decisións recae nas comunidades. Os estratos superiores unicamente serven á coordinación e implantación da vontade das comunidades que envían ás persoas delegadas ás asembleas xerais. Por un limitado lapso de tempo, estxs resultan tanto portavoz como institución executiva. Con todo, o poder básico de decisión descansa nas institucións locais de base.»
Lee a publicación sobre Confederalismo Democrático, por Abdullah Öcalan, máximo representante do PKK (condenado a cadea perpetua polo estado turco).