Unha entrevista

La Clave: Anarquistas. Nalgún tempo na televisión pública debateuse de forma extensa sobre anarquismo, contando ademais coa partricipación de anarquistas. Hoxe iso dáse por imposible. Os “debates políticos” da televisión foron transformados en mero espectáculo, baleirados de contido serio e reflexivo, que reúne a tertulianxs estrela que parecen saber de todo e sobre todo; dende ciencias políticas, ata Historia, economía ou ecoloxismo. Debates onde a confrontación persoal prevalece ante a confrontación ideolóxica. E ideoloxía que, por outra banda, está constrinxida polos donos millonarios da televisión, que xamais permitirían que ningunha voz disidente arruinase a súa “festa”.

Quizais por iso teña especial valor o debate que se deu no ano 1984 na televisión pública sobre anarquismo, onde se trataron as ideas anarquistas de forma bastante seria. O programa La Clave, presentado por José Luís Balbín, contou para o debate con figuras históricas como a veterana anarquista Federica Montseny, que explicou as principais diferenzas entre o anarquismo e o comunismo, matizando o que é o socialismo; e poñendo en valor as ideas e prácticas libertarias, vivas no presente.

O programa La Clave dividíase en dúas partes. Na primeira parte proxectábase un filme, nesta ocasión foi Joe Hill que narra a vida do lendario militante e cantante do sindicato anarquista IWW. A segunda parte consistía nun extenso debate que nada se parece aos actuais: respecto de turnos, reflexión, crítica… Xunto a Federica interviñeron Carlos Ramos (CNT), Joaquín Satrústegui (liberal), Heleno Saña (escritor), Fernando Montero (CNT), Giovanni Biagioni (catedrático de historia en Florencia) e Gervasio Cordeiro (marxista). Federica viviría dez anos máis, falecendo con 89 anos.

Ver online

Unha película

Terra e liberdade (título orixinal: Land and Freedom) é unha película británica, española, alemá e italiana de 1995 dirixida por Ken Loach e escrita por Jim Allen.

David Carr é un obreiro en paro militante do Partido Comunista de Gran Bretaña que decide alistarse nas Brigadas Internacionais e viaxar a España durante o transcurso da Guerra Cívil, conmovido pola campaña prorrepublicana na súa Liverpool natal. Unha vez en España descubrirá que as forzas populares non combaten todas baixo a mesma estratexia nin o mesmo formato organizativo, expoñéndose diferentes debates entre comunistas, republicanos e anarquistas. A película está inspirada pola obra Homenaxe a Cataluña, do autor comunista libertario George Orwell, na que este narra a súa experiencia en España durante a guerra civil española. Obtivo o Premio Internacional da Crítica da FIPRESCI e o premio do Xurado Ecuménico en Cannes. Tamén foi galardoada co Premio Sant Jordi á mellor película española.

Ver online ou descargar

Un libro

Repensar la anarquía, de Carlos Taibo: Asistimos a un visible renacemento do pensamento libertario que tanto lle debe á quebra da socialdemocracia e dos modelos do socialismo real como á certificación de que o capitalismo está penetrando nunha fase de corrosión terminal que achega o momento do colapso. Neste volume examínanse moitos dos debates dos que participan os libertarios contemporáneos, e respecto diso estúdanse, con vocación non dogmática, a proposta teórica do anarquismo, a súa critica da democracia liberal e a súa defensa da democracia e a acción directas, a contestación do Estado e do capitalismo, a aposta pola xestación de espazos de autonomía autoxestionados e desmercantilizados, ou a relación do mundo libertario co feminismo, o ecoloxismo, o antimilitarismo e as loitas solidarias.

Acceso libre en .pdf edición móbil

Comprar libro orixinal

Unha canción

Un berro de rabia contra a situación que nos deixa o capitalismo feroz. O ruído negro que nace da violencia da cuestión de clase, da industrialización e deshumanización dunha sociedade na que non somos máis que recursos humanos para a produtividade.

Escoita o álbum enteiro

Unha serie

Ni dios ni amo é unha serie documental de 13 capítulos que recupera a historia do anarquismo dentro da vida política, social e cultural da Arxentina. Desde as primeiras organizacións sindicais, a súa posterior crise dentro do movemento obreiro, a súa presenza na cultura, as persecucións ás que foi sometido, os atentados que o fixeron protagonista e a disidencia como signo. A serie sitúa ao mesmo tempo ao movemento anarquista nas distintas conxunturas nas que actúa, o que nos permitirá descubrir os debates con outras organizacións políticas e outras correntes de pensamento. A través dos ollos de Ernesto, un estudante que realiza unha tese sobre este movemento, o programa mostra o rol político e social que tivo na vida do país. “Ni dios ni amo” é o audiovisual xornalístico máis completo que se realizou sobre anarquismo no país.

Ver online

Unha revista

Abordaxe! é un colectivo editorial anarquista, unha gavilla de piratas embarcadas nun galeón autoxestionario, sen ánimo de lucro e independente de calquera organización ou institución. O noso proxecto nace da necesidade de xerar e confrontar ideas en clave antiautoritaria e da intención de investigar e recuperar a memoria respecto das loitas contra a dominación e dos tecidos comunitarios e autoxestionarios que ligaron a Galiza e outros territorios do mundo durante longo tempo. Plasmar esta tarefa a través da nosa revista e todo o material que editamos como contribución a estas loitas no presente son algunhas das nosas principais prioridades.

Algúns dos seus números en pdf

Extra: Ardora (s)ediçons anarquistas

Ardora (s)Ediçons Anarquistas é um coletivo que nasce na Galiza, com o fim de criar um ponto de encontro entre ativistas que partilham interesses semelhantes. Um espaço confortável para o debate e a crítica, assim como umha ferramenta para a açom anarquista.

Na atualidade, as condiçons para imaginarmos, pensarmos, e praticarmos a confrontaçom revolucionária estám longe de serem favoráveis. Contodo, pensamos que Ardora pode ajudar a ligar e confrontar diferentes ideias, debates, perspetivas e propostas.

Visita a web do colectivo

Un documental

Vivir la utopía é un documental de 1997, producido por TVE e dirixido por Juan Gamero. Nel descríbese a experiencia anarcosindicalista e anarcocomunista vivida en España que transformou as estruturas sociais en amplas zonas do bando republicano durante a guerra civil de 1936-39, evento denominado como revolución española. Consta de 30 entrevistas con superviventes anarquistas da revolución española, testemuñando o labor construtivo da revolución social e os antecedentes históricos do movemento libertario español.

Ver documental

Un podcast

La linterna de Diogenes é un programa dirixido polo profesor Arkadio dende 2006 que se emite na radio libe Irola Irratia e tamén a través de podcast.

Un programa dedicado á Historia Social, á Historia das clases populares; en definitiva, á historia desde abaixo, tanto de sucesos concretos, como da propia evolución das ideas. Un espazo de reflexión que sirve para repensar o humano nas súas moitas vertentes. (Subscribirse).

Extra: como sería unha comunidade anarquista hoxe?

Capítulo: La Comuna anarquista. Un viaje a la sociedad postcapitalista:

«Propóñovos unha pequena viaxe, un exercicio mental… Que vos parece se subvertemos a orde social e facemos tabula rasa con todo? Que vos parece se acabamos coa sociedade de clases, coas desigualdades, cos corpos represivos, desmantelamos o Estado e a propiedade privada? Que vos parece se viaxamos ao día seguinte da revolución?».

Unha web

Todo por Hacer é un proxecto anarquista autoxestionado que conta cunha publicación en papel mensual (gratuíta) e tamén soporte web. A súa opinión “pretende situarse á marxe da ideoloxía do sistema”. E o seu obxectivo é superar esta ideoloxía imperante e “derrubar ao sistema mesmo e construír entre todos e todas unha sociedade onde a autoorganización, a solidariedade e o apoio mutuo sexan os postulados esenciais para a vida en liberdade”.

Visitar páxina web

Unha historia

Os Mártires de Chicago foron sindicalistas anarquistas executados en Estados Unidos, cando loitaban por obter a redución da xornada laboral ás oito horas, o 1 de maio de 1886, na revolta de Haymarket (Chicago). Baixo o máxima “oito horas para o traballo, oito horas para o soño e oito horas para a casa”, o 1º de maio 200.000 traballadorxs pararon, estendéndose en Chicago a medida durante os dous días seguintes. Outros 200.000 lograron a redución da xornada laboral coa simple ameaza de folga. Posterior a loita obreira, celebrouse unha causa contra 31 obreirxs anarquistas acusadxs de iniciar a batalla. Finalmente, foron xulgados, con gran cantidade de irregularidades xudiciais, 8 traballadores. Logo de que o fiscal exhortase ao xuíz para castigar aos oito anarquistas; “fai un exemplo deles, cólgueos e salve as nosas institucións”, cinco deles foron condenados á morte (co método da forca) e tres a prisión. Sete anos máis tarde John Peter Altgeld, Gobernador de Illinois, declarou a inocencia dos oito traballadores e liberou aos tres sobreviventes.

Coñecer a historia completa, por Ricardo Mella (anarquista nado en Vigo).

Unha experiencia actual

Rojava, o confederalismo democrático. Rojava é unha zona situada no Oriente Medio (Norte de Siria) que proclamou a súa autonomía no conflito de Rojava e a Guerra Civil Siria, aprobando a súa Constitución en 2014. Unha revolución baseada no paradigma político do Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), o “Confederalismo Democrático”. Rojava alberga principalmente a kurdxs, pero tamén poboacións significativas de árabes, asirixs e turkmenxs, así como poboacións minoritarias de armenixs, circasianxs e chechenxs. Unha zona poliétnica e plurinacional, algo reflectido na súa Constitución, na súa estrutura social e no Consello Democrático. Rojava expón unha sociedade sen estado, xestionado a través da democracia directa, e que ten como alicerces o feminismo, o ecoloxismo, o respecto de todas as culturas e relixións e a vida comunal.

«O Confederalismo Democrático fundaméntase nunha participación de base. O seu proceso de toma de decisións recae nas comunidades. Os estratos superiores unicamente serven á coordinación e implantación da vontade das comunidades que envían ás persoas delegadas ás asembleas xerais. Por un limitado lapso de tempo, estxs resultan tanto portavoz como institución executiva. Con todo, o poder básico de decisión descansa nas institucións locais de base.»

Lee a publicación sobre Confederalismo Democrático, por Abdullah Öcalan, máximo representante do PKK (condenado a cadea perpetua polo estado turco).

Arredismo

«Históricamente, só alguns autores, certas individualidades e efémeros projetos abordarom o conflito de libertaçom do povo galego e dos povos oprimidos em geral desde um prisma antiautoritário integral e, normalmente, quando o figérom foi através de preconceitos ideológicos, sem chegarem a compreender a sua essência, deixando o terreno livre para todo quanto instrumentalizador e autoritário há em todas as iniciativas e operaçons propagandísticas levadas a cabo por grupos políticos presentes no território. Um dos vários motivos poderia ser a falta de memória e trabalho de recuperaçom com respeito os laços associativos e tecidos comunitários que ligárom o nosso país durante longo tempo desde a sua própria base, assegurando a sua sobrevivência com diversos ensaios autogeridos como aspeto comum.

Talvez a consideraçom mais atenta sobre esta problemática por parte de novas geraçons de moços antiautoritários galegos desde há mais ou menos umha dúzia de anos, inaugurou para o independentismo novas possibilidades projetantes de caráter libertário no contexto de tensom da luita pola autodeterminaçom do povo galego e que poderiam representar um problema de gestom para o Estado-capital em geral, e um rejeitamento íntegro dos Estados tradicionais em concreto, mas no momento presente falamos só dumha interessante projeçom, achando em falta e aproveitando também esta compilaçom de textos de distintos autores para reclamar umha sólida projetualidade.»

Da publicación “Arredismo e anarquía” de Abordaxe, que podes ler aquí

Cuestión de xénero

S.T.A.R. Street Transvestite Action Revolutionaries, que se pode traducir como “Acción Travesti de Rúa Revolucionaria”, foi un grupo político que se constituíu a principios dos anos setenta en New York para articular unha resposta á exclusión e ao illamento que sufría a comunidade trans tanto dende as institucións como dentro do propio movemento gay e lésbico nacente. As activistas trans Sylvia R. Rivera e Marsha P. Johnson, contando coa súa experiencia no movemento de liberación nacional portorriqueña e no poder negro respectivamente, así como nas mobilizacións contra a Guerra de Vietnam, conseguiron levantar unha casa de acollida para aloxar a persoas trans de curta idade da prostitución e das drogas que lles esperaban na rúa, e que elas mesmas viviron.

Os seus testimonios pódennos servir a día de hoxe, época na que por unha parte vivimos un rebrote do odio contra identidades de xénero e orientacións sexuais non heteronormativas, e pola outra un intento de normalizalas e adecualas aos cánones do comercio e o patriarcado dende diversos ámbitos dunha esquerda que se renova, como unha experiencia de acción directa política na rúa e apoio mutuo entre as persoas marxinadas pola sociedade.

Nunha época na que o privilexio estaba en mans duns poucos homes gays (e algunhas lesbianas) brancos occidentais e de clase media, Sylvia e Marsha demostraron que era posible erixir alternativas ao marxe do sistema como forma de loita e supervivencia, sen ter apenas recursos, fontes económicas estables e sufrindo o acoso policial e a exclusión do entorno político. E que a forma de habilitalas pasaba pola autoxestión, a loita de rúa e o compañeirismo.

Descarga en pdf “S.T.A.R.: Supervivencia, revuelta queer y lucha antagonista”, con testimonios de Sylvia Rivera e Marsha P Johnson