Unha entrevista

La Clave: Anarquistas. Nalgún tempo na televisión pública debateuse de forma extensa sobre anarquismo, contando ademais coa partricipación de anarquistas. Hoxe iso dáse por imposible. Os “debates políticos” da televisión foron transformados en mero espectáculo, baleirados de contido serio e reflexivo, que reúne a tertulianxs estrela que parecen saber de todo e sobre todo; dende ciencias políticas, ata Historia, economía ou ecoloxismo. Debates onde a confrontación persoal prevalece ante a confrontación ideolóxica. E ideoloxía que, por outra banda, está constrinxida polos donos millonarios da televisión, que xamais permitirían que ningunha voz disidente arruinase a súa “festa”.

Quizais por iso teña especial valor o debate que se deu no ano 1984 na televisión pública sobre anarquismo, onde se trataron as ideas anarquistas de forma bastante seria. O programa La Clave, presentado por José Luís Balbín, contou para o debate con figuras históricas como a veterana anarquista Federica Montseny, que explicou as principais diferenzas entre o anarquismo e o comunismo, matizando o que é o socialismo; e poñendo en valor as ideas e prácticas libertarias, vivas no presente.

O programa La Clave dividíase en dúas partes. Na primeira parte proxectábase un filme, nesta ocasión foi Joe Hill que narra a vida do lendario militante e cantante do sindicato anarquista IWW. A segunda parte consistía nun extenso debate que nada se parece aos actuais: respecto de turnos, reflexión, crítica… Xunto a Federica interviñeron Carlos Ramos (CNT), Joaquín Satrústegui (liberal), Heleno Saña (escritor), Fernando Montero (CNT), Giovanni Biagioni (catedrático de historia en Florencia) e Gervasio Cordeiro (marxista). Federica viviría dez anos máis, falecendo con 89 anos.

Ver online