Quen está detras da campaña

Nós pensamos que a política non se restrinxe ao partido que goberna. Máis ben ao contrario, entendemos que está presente na nosa cotidianidade; en como nos relacionamos cas persoas que nos rodean. Atopámonos nunha sociedade case incapaz de concebirse fóra das dinámicas do capitalismo, que, día tras día, vemos como nos enferman e aíllan. Vemos como estas dinámicas inciden no individualismo, na competitividade e na búsqueda do ascenso social como alternativa á precariedade e á opresión.

Sen embargo, entendemos que hai outras formas de vivir. Voltar a ser as donas das nosas propias vidas significa non delegar a responsabilidade en quenes teñen máis poder ca nós. Significa coñecernos e trazar redes de apoio. Organizarnos entre iguais no traballo para enfrontarnos á explotación e á precariedade. Rechazar a autoridade e relacionarnos de xeito igualitario con quen nos rodea. Facer asembleas no noso barrio contra a especulación ou para a organización dun ocio non consumista. Crear grupos de consumo ético e de cercanía. Colectivizar os coidados. Xuntarnos para evitar o desafiuzamento da nosa veciña. Tecer alternativas fronte ao isolamento e a deshumanización dunha sociedade cada vez máis diluída en datos estatísticos.

O 10 de novembro son as eleccións. Vivimos nun clima complexo, no que a extrema dereita máis explícita toma poder e no que a esquerda parece non atopar a receita contra o avance do capitalismo. Despois do 10 de novembro, votases ou non, non esperes ás promesas electorais. Organízate e loita. O noso día a día é a única resistencia posible contra o capitalismo.

«O noso obxectivo é o ben de todas, a eliminación de todos os sufrimentos e a xeneralización de todas as alegrías que poidan depender da vontade humana. É a paz entre todos os seres humanos; é unha nova e mellor civilización, unha humanidade máis digna e feliz. Pero cremos que o ben de todas non pode alcanzarse realmente máis que coa consciente colaboración de todas, cremos que non existen formulas máxicas capaces de resolver as dificultades; que non hai doutrinas universais e infalibles a todas as persoas e a todos os casos; que non hai persoas e partidos providenciais que poidan substituír útilmente a vontade das demais pola súa propia e facer o ben á forza. Cremos que a vida social adquire sempre as formas que resultan do contraste dos intereses ideais das que pensan e queren. Por iso convocamos a todas a pensar e a querer».

Enric Malatesta (1853-1932)